Maruja Mallo. Guía Postal de Lugo. 1929. Museo Provincial de Lugo

maruja mallo

Guía postal de Lugo. Maruja Mallo (Viveiro, 1902-1995). Óleo s/cartón. 1929 (Museo Provincial de Lugo).

O autor e a obra: Maruja Mallo aínda que é usual etiquetala  dentro do estilo surrealista  ao mesmo tempo pasou por diferentes movementos artísticos que definiron un estilo propio.  Esta obra foi realizado para ilustra o libro «Lugo y su provincia» e representa diferentes escenarios da provincia de Lugo baixo a súa propia visión,  a través dun conxunto de postais, reales e irreales, que mostran o manexo do fotomontaxe e o collage dentro da técnica surrealista. Nela podemos ver imaxes reales da cidade de Lugo como a torre da Catedral, a Muralla, o pazo provincial, ponte romana e outras da provinia omo a fábrica de Sargadelos.

Lugo como recurso turístico: Na provincia de Lugo encontramos unha amplia oferta de recursos de interese turístico a través dun percorrido de Norte a Sur. Espacios de interese na costa lucense como a vila de Viveiro ou a praia das Catedrais. No interior vilas como Mondoñedo ou Monforte. Ao sur a Ribeira Sacra, un dos lugares máis auténticos de Galicia. E entre outros moitos espazos naturais, vilas e o paso do Camiño de Santiago fan que esta provincia sexa unha das que máis ten que ofrecer ao turismo en Galicia. E ademáis temos a capital da provincia, a antiga Lucus Augusti, que preserva a súa muralla romana, tamén declarada Patrimonio da Humanidade. A muralla garda ademáis un interesante e ben conservado conxunto histórico artístico onde destacamos entre moitos monumentos a Catedral de Santa María.

shutterstock_113959240-compressor-e1528781145686

*Fonte da imaxe 1: La Voz de Galicia/ Obra no Museo Provincial de Lugo
*Fonte da imaxe 2: lugaresconhistoria.com